Logo Departamento Innovación Tecnolóxica

Consulta unha solicitude xa realizada

Listaxe de actividades

Inscricións abertas

3ª Edición da Escola Municipal Continua

Desde a Concellería de Educación do Concello de Ourense ponse en marcha a 3ª edición da Escola Municipal Continua Ourense, con propostas formativas e de lecer dirixidas ás persoas adultas empadroadas na cidade. Nesta mesma aplicación pódese consultar a relación completa de actividades, coas súas datas e horarios.

Matrícula aberta

Renovación de matrícula - Escola Municipal de Música (Curso 2026/27)

O prazo para a renovación de matrícula do alumnado actualmente matriculado no curso 2025/26 será do 8 ao 20 de abril.
A publicación das renovacións admitidas e excluídas realizarase a partir do 24 de abril.

IMPORTANTE: Este formulario é exclusivamente para o alumnado que xa está matriculado na …

Inscripción aberta

Actividades e cursos centros cívicos infantís

As actividades comezarán en cada centro o 17 de novembro de 2025.

Inscricións

O prazo de inscripción comeza o día 10 de novembro as 9 de mañá, e non se pecha a inscrición.

Inscripción pechada

CONCILIA SEMANA SANTA 2026

O día 17 de marzo do 2026, ás 10:00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Semana Santa  2026 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.

Preinscripción pechada

Obradoiros de idiomas 2026 2o Trimestre

Durante o segundo trimestre de 2026, desde a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense impartiremos obradoiros de varios idiomas. Cada obradoiro terá unha duración de 24 horas lectivas e estarán dirixidos aos cidadáns e cidadás de Ourense maiores de 16 anos.

Proceso finalizado

Cursos e actividades do Programa de envellecemento activo 2024/25

Inscricións

A inscrición será online, cubrindo un formulario que se poderá atopar nesta mesma páxina web o día 21 de outubro.

Unha vez aceptadas as normas de inscrición recibirase un correo de confirmación, incluíndo a seguinte información: nº de rexistro, data e hora da mesma.

 

Proceso finalizado

Cursos de idiomas 2025 (1º Trimestre)

Do 13 de xaneiro ao 13 de marzo a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense oferta obradoiros de diversas linguas, dirixidos aos cidadáns de Ourense maiores de 16 anos.

Proceso finalizado

Obradoiros de idiomas 2025 4o Trimestre

Durante os meses de outubro e novembro do presente ano, desde a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense impartiremos obradoiros de iniciación a varios idiomas. Cada obradoiro terá unha duración de 24 horas lectivas e estarán dirixidos aos cidadáns e cidadás de Ourense maiores de 16 anos.

Proceso finalizado

Actividades e cursos centros cívicos adultos

 

Inscricións

A inscrición será online, cubrindo un formulario que se poderá atopar nesta mesma páxina web o día 21 de outubro.

Unha vez aceptadas as normas de inscrición recibirase un correo de confirmación, incluíndo a seguinte información: nº de rexistro, data e hora da mesma.

Proceso finalizado

2ª Edición da Escola Municipal Continua

Desde a Concellería de Educación do Concello de Ourense ponse en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, con propostas formativas e de lecer dirixidas ás persoas adultas empadroadas na cidade. Nesta mesma aplicación pódese consultar a relación completa de actividades, coas súas datas e horarios.

Proceso finalizado

Obradoiros de idiomas 2025 2o Trimestre

Do 22 de abril ó 17 de xuño a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense oferta obradoiros de diversas linguas, dirixidos aos cidadáns de Ourense maiores de 16 anos.

Proceso finalizado

Centros cívicos infantís

Destinatarios

Nenos e nenas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria empadroados no Concello de Ourense.

Inscricións

A inscrición será online, cubrindo un formulario que se poderá atopar nesta mesma páxina web.

Unha vez aceptadas as normas de inscrición recibirase un correo de confirmación, incluíndo a seguinte información: nº de rexistro, data e hora da mesma.

Proceso finalizado

Curso de introdución á lingua e á cultura galegas

Dirixido á poboación que se achega por primeira vez ao galego e a Galicia maior de 16 anos, con cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o alumnado no seu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega

Proceso finalizado

CONCILIA VERÁN 2025

CONSULTA XA AS LISTAXES DEFINITIVAS CONCILIA VERÁN 2025

O día 12 de maio de 2025, ás 9.00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Verán 2025 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.

As actividades lúdico-educativas …

Proceso finalizado

CONCILIA NADAL 2025

O día 26 de novembro de 2025, ás 10:00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Nadal 2025 / 26 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.