Centro cívicos adultos
Actividades e cursos centros cívicos adultos
Inscricións
A inscrición será online, cubrindo un formulario que se poderá atopar nesta mesma páxina web o día 21 de outubro.
Unha vez aceptadas as normas de inscrición recibirase un correo de confirmación, incluíndo a seguinte información: nº de rexistro, data e hora da mesma.
Prazo de inscrición
Do 21 de outubro ás 09:00h ao 27 de outubro ás 24:00h.
Normas de inscrición
Imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense e ter os 18 anos cumpridos no momento da publicación das normas de inscrición.
Pódense solicitar un máximo de tres actividades por persoa e por orde de preferencia.
Só estará permitido facer unha solicitude. No caso de que unha mesma persoa presente unha segunda solicitude, esta quedará eliminada tendo validez soamente a primeira.
A confirmación da admisión será telefónica.
Rematado o prazo de inscrición, non se poderán cambiar os cursos elixidos.
Criterios e adxudicación de plazas
Orde de entrada (as prazas serán asignadas por rigurosa orde de inscrición).
Orde de preferencia do curso ou actividade.
As actividades que non rexistren o número mínimo de inscricións poderán ser suspendidas.
No caso de non lograr praza nalgunha das actividades solicitadas, o/a solicitante quedará nunha lista de espera e poderá ser chamado/a para incorporarse á actividade máis adiante.
As persoas en lista de espera das actividades con máis demanda terán a opción de cubrir as plazas libres en cursos similares, se houbera, en centros próximos.
Para participar nas actividades que impliquen exercicio físico será imprescindible cubrir unha declaración que acredite que a persoa poida realizar dita actividade. Unha vez concedidas as prazas nas actividades, as persoas admitidas nos cursos de exercicio físico poden retirar en calquera dos centros cívicos o modelo de declaración e deben presentalo debidamente cuberto o primeiro día das actividades. De non presentar dita declaración, perderase o dereito á praza na actividade.
Ao principio de cada curso informarase do número de faltas de asistencias permitidas en función da lista de espera.
A falta de asistencia continuada levará á baixa da actividad.
A Concellería de Asuntos Sociais poderá reservar o 20% das prazas ofertadas a persoas beneficiarias de programas sociais.
Se alguén precisa axuda coa súa inscrición, poderá ser atendido de forma presencial no Centro Cívico Colón (Rúa Colón 18, nº2), en horario de mañá (a partir das 09:00h).
Contacto
Para calquera dúbida ou para solicitar máis información, pode chamar aos teléfonos 988393107 ou 988388171.
Nome | Horario | Lugar | Imparte | Horas | Inicio | Fin |
---|