Centros cívicos infantís 2026/2027
Actividades e cursos centros cívicos infantís 2026/27
Destinatarios
Nenos e nenas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria empadroados no Concello de Ourense.
Actividades
Consulta no seguinte enlace as actividades:
Inscricións
A inscrición será na web: actividades.ourense.gal.
Unha vez aceptadas as normas de inscrición recibirase un correo de confirmación, incluíndo a seguinte información: nº de rexistro, data e hora da mesma.
Se alguén precisa axuda coa súa inscrición, poderá ser atendido de forma presencial no Centro Cívico Colón (Rúa Colón 18, nº2), en horario de mañá (a partir das 09:00h).
As actividades comezarán en cada centro o 1 de outubro de 2026. As nais, pais ou titores poden acudir a as 18:00 horas (de luns a xoves) ou a as 11:00 horas (sábado) ao centro solicitado co resgardo da inscrición.
Normas de inscrición
- É imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense.
- Os inscritos deben cumprir co criterio de idade e/ou nivel escolar que se detallen para cada actividade.
- Unha vez comezadas as actividades de Semana e Sábado os pais, nais ou titores poden acudir ao centro solicitado dentro do horario establecido para cada actividade co resguardo de inscrición para incorporarse. A confirmación da admisión para Apoio Escolar será teléfónica ata cubrir prazas.
- As solicitudes que formulen as persoas interesadas tramitaranse a través da web https://actividades.ourense.gal
- É obrigatorio cubrir o primeiro día unha folla de Autorización para a toma de imaxes, detalle das persoas responsables da recollida e permisos de saída ao exterior dos menores.
- A Concellería poderá reservar o 20% das prazas ofertadas a persoas beneficiarias de programas sociais a cubrir en calquera momento do curso.
- As actividades dos centros que non alcancen un número mínimo de solicitudes poden ser suspendidas.
- As persoas admitidas que falten á actividade de apoio escolar e non o xustifiquen serán dadas de baixa (máximo tres faltas sen xustificar).
Contacto
Para calquera dúbida ou para solicitar máis información, pode chamar aos teléfonos 988393107.
*A actividade Apoio Escolar ten prazas limitadas (10) e débese esperar a que se confirme por teléfono a admisión.