Avellentamento activo 2026/2027
Actividades e cursos Avellentamento activo 2026/2027
Listados de persoas admitidas (as actividades comezarán a partir do 2 de novembro):
- ACTIVA TU CEREBRO (CENTRO CÍVICO A PONTE)
- ACTIVIDAD FÍSICA Y MEMORIA PARA PERSONAS MAYORES (GIMNASIO 2000)
- ALIMENTACIÓN SALUDABLE (CENTRO DE ESTUDIOS FIDEL FORMACIÓN)
- ALQUIMIA EN LA COCINA (ESCUELA DE HOSTELERÍA Y TURISMO)
- ANIMACIÓN CREATIVA Á LECTURA E ESCRITURA PARA MAIORES (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- AUTOCOIDADO E SAÚDE INTEGRAL (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- BIODANZA (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- CANTO CORAL PARA PERSONAS MAYORES (CENTRO CÍVICO A PONTE)
- CLASES DE YOGA (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- COACHING PARA MAIORES: ENTRENAMENTO PARA A MENTE EN EFICACIA PERSOAL E SOCIAL (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- CUERPO LIBRE: Movimiento consciente para vivir con más vitalidad, alegría y gozo. (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- DIXITALIZACIÓN I - Iniciación (NEWWAVE - ESCOLA DE LINGUAS)
- DIXITALIZACIÓN II - Intermedio (NEWWAVE - ESCOLA DE LINGUAS)
- ESPALDA SANA (CENTRO CÍVICO A CUÑA)
- FLEXIBILIZACIÓN, PSICOMOTRIDAD Y FUERZA EN EDADES AVANZADAS (CENTRO CÍVICO A PONTE)
- GIMNASIA DE MANTENIMIENTO - WELLNES (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- GIMNASIA DE MANTENIMIENTO - WELLNES (CENTRO CÍVICO A PONTE)
- GIMNASIA DE MANTENIMIENTO (GIMNASIO ARTAI)
- INTELIGENCIA ARTIFICIAL SENCILLA (Multimedia School)
- IOGA SENIOR (CENTRO CÍVICO A CUÑA)
- MANUALIDADES (CENTRO CÍVICO A CUÑA)
- MEMORIA EMOCIONAL (CENTRO CÍVICO A PONTE)
- MINDFULNESS: RELAJACIÓN Y GESTIÓN DEL ESTRÉS (XIRXILAR)
- OBRADOIRO DE MEMORIA (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- OBRADOIRO DE TEATRO (CENTRO CÍVICO A PONTE)
- PILATES (GIMNASIO MARBEL)
- TAICHI-QIGONG (GIMNASIO ARTAI)
- TALLER DE CERÁMICA (EmbarrArte)
- TALLERES DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA PARA MUJERES Y HOMBRES DE 60 O MÁS AÑOS (CENTRO CÍVICO COLÓN)
- USO DE IA BÁSICO (NEWWAVE - ESCOLA DE LINGUAS)
- USO DO MÓBIL E DAS REDES SOCIAIS (Centro de Actividades GANEDA)
- USO Y MANEJO DEL MÓVIL (Multimedia School)
- YOGUILATES (CENTRO CÍVICO A PONTE)
Destinatarios
Persoas de 60 ou máis anos empadroadas no Concello de Ourense.
Actividades
Consulta no seguiente enlace as actividades:
Inscricións
A inscrición será online, cubrindo un formulario que se poderá atopar nesta mesma páxina web o día 5 de outubro.
Unha vez aceptadas as normas de inscrición recibirase un correo de confirmación, incluíndo a seguinte información: nº de rexistro, data e hora da mesma.
Prazo de inscrición
Do 5 de outubro ás 09:00 horas ao 11 de outubro ás 24:00 horas.
Normas de inscrición
-
Imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense e ter os 60 anos cumpridos no momento de facer a inscrición.
-
Só se poderá facer unha solicitude. No caso de que unha mesma persoa presente unha segunda solicitude, esta quedará eliminada tendo validez soamente a primeira.
-
Pódense solicitar un máximo de tres actividades por persoa e por orde de preferencia.
-
Rematado o prazo de inscrición, non se poderán cambiar os cursos elixidos.
-
OS HORARIOS DOS CURSOS E OS GRUPOS NON SE PODEN ESCOLLER. Naquelas actividades ou cursos onde hai máis dun grupo, estos se irán cubrindo seguindo a orde de entrada das solicitudes ata completalo.
Criterios e adxudicación de plazas
-
Orde de entrada (as prazas serán asignadas por rigurosa orde de inscrición).
-
Orde de preferencia do curso ou actividade.
As actividades que non rexistren o número mínimo de inscricións poderán ser suspendidas.
No caso de non lograr praza nalgunha das actividades solicitadas, o/a solicitante quedará nunha lista de espera e poderá ser chamado/a para incorporarse á actividade máis adiante.
Dado que é previsible que moitas persoas quedarán en lista de espera para conquerir praza en algún dos cursos, as persoas adimitidas que falten á actividade e non o xustifiquen serán dadas de baixa. (máximo duas faltas sen xustificar).
As actividades que non rexistren o número mínimo de inscricións, poderán ser suspendidas.
No caso dos cursos que requiran material específico, este correrá por conta do alumno.
Para poder participar nas actividades que impliquen exercicio físico, será imprescindible cubrir unha DECLARACIÓN RESPONSABLE, na que cada persoa farase responsable das consecuencias que implica a práctica de estas actividades. O modelo de DECLARACIÓN RESPONSABLE se lles dará ao inicio dos cursos. De non presentar dita declaración o primeiro dia da actividade perderase á adxudicación da praza.
Adxudicación de prazas
Rematado o prazo de inscrición e unha vez resolta a adxudicación de prazas nas actividades, nos seguintes días publicaranse os listados de admisións nesta web.
Contacto
Para calquera dúbida ou para solicitar máis información, pode chamar ao teléfono 988393107.
Se alguén precisa axuda coa súa inscrición, poderá ser atendido de forma presencial no Centro Cívico Colón (Rúa Colón 18, 2º), en horario de 9:00 a 13:00 horas.