Logo DIT

Concilia Nadal 2025

CONCILIA NAVIDAD 2025

O día 26 de novembro de 2025, ás 10:00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Nadal 2025 / 26 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.
 

Estas actividades están pensadas para facilitar a conciliación familiar durante o Nadal. Teñen como finalidade fomentar a socialización, promover actitudes solidarias e de convivencia, incentivar o traballo cooperativo e o respecto polo medio ambiente, incluíndo contidos e metodoloxías relacionadas co enfoque STEAM (robótica educativa, electrónica...), ao tempo que ofrecen un reforzo educativo adaptado ás necesidades das rapazas e rapaces.


O horario será de luns a venres de 09:00 h a 14:00 h durante os días non lectivos de decembro e xaneiro.


ESPAZOS
1. AULAPONIA (Aula da Natureza do Río Miño – Oira): 🎅nados/as entre 2014 e 2019 (só Educación Primaria)
📍 Oira, 32001 Ourense

2. ESPAZO MAKERS (Uvigo): 💻nados/as entre 2012 a 2016 (4º, 5º e 6º Educación Primaria e 1º e 2º ESO)
📍Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense

3. UN NADAL DE AVENTURAS 🎄 (ANEXO DA EMMO): nados/as entre 2020 e 2022 (só Educación Infantil)
 

DATAS
1. AULAPONIA : 🎅22, 23, 26, 29, 30 de decembro do 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.
2. ESPAZO MAKERS (Uvigo): 💻22, 23, 26, 29 e 30 de decembro do 2025 e 2 de xaneiro de 2026.
3. UN NADAL DE AVENTURAS 🎄 (ANEXO DA EMMO): 22, 23, 26, 29, 30 de decembro do 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.

 

HORARIO
O horario será de 09:00 h a 14:00 h durante as datas sinaladas.


INSCRICIÓN
A inscrición será exclusivamente en liña a través da web (https://actividades.ourense.gal/) ou da aplicación do Concello de Ourense.
O prazo será do 26 de novembro as 10:00 h ao 3 de decembro de 2025 ás 23:59 h.
Debe anexarse a documentación xunto a inscrición.
Unha vez feita a inscrición, obterá un código que deberá conservar para comprobar a súa posición nas listaxes provisionais que serán publicadas o día 9 de decembro ás 10:00 h a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación. O prazo de subsanación de erros será ata o día 11 de decembro as 23:59h a través do correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal ou presencial na Oficina da Concellería de Educación.

O día 12 de decembro ás 10:00 h publicarase as listaxes definitivas a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación (Rúa da Canle, 6)


FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Só poderán formalizar a matrícula se aparecen na listaxe definitiva de persoas admitidas (non terán validez os ingresos bancarios feitos con anterioridade)


Para formalizar terán que achegar o xustificante do pagamento:
• Por correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal
• Ou presencialmente na oficina da Concellería de Educación (Rúa da Canle, 6)
Deberá poñer no concepto: o código, o nome do concilia adxudicado e o nome e apelidos do/a neno/a matriculado/a.
O nº de conta para realizar o ingreso publicarase o 12 de decembro xunto as listaxes definitivas.

 

Formalización de matrícula e nº de conta:

ES85 2080 5251 4031 1139 1114 (unha vez formalizado o pago deben enviar o xustificante do mesmo ao correo: conciliaeducacion@ourense.gal)

TASAS:
• Taxa única de 10€ por matrícula. Os irmáns a metade (5€)
O prazo de entrega do xustificante de pago será do 12 ao 17 de decembro de 2025 ás 23:59 h.

 

LISTAXE DE AGARDA
Xerarase unha listaxe de agarda co alumnado que non sexa admitido.
Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, a partir do 18 de decembro, porémonos en contacto telefónico ou correo electrónico coas persoas da lista de agarda para ofertarlles as prazas dispoñibles en calquera dos concilia.
As persoas contactadas disporán de 24 h para aceptar a praza; en caso contrario, avisarase ao seguinte.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA QUE SE PRESENTARÁ COA SOLICITUDE
1. Fotografía do/a neno/a.
2. Copia da tarxeta sanitario do menor ou menores participantes
3. Copia do DNI (se o tivese) ou libro de familia do menor ou menores participantes.
4. Documento que demostre que as figuras parentais están en situación laboral activa (vida laboral, certificado de empresa)
5. Certificado de familia monoparental (de ser o caso)
6. Informes de ANEAE (alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) ou alerxias (se fose necesario)

 

CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO(*) DE MAIOR A MENOR PUNTUACIÓN
*É requisito imprescindible que os nenos e nenas participantes estean empadroados/as no Concello de Ourense, xunto cun dos titores polo menos.
• Que todas as figuras parentais estean en activo.
• Que unha soa figura parental (se hai dúas) estea en activo.
• Orde de entrada en caso de empate.


Unha vez feita a inscrición, obterá un código que deberá conservar para comprobar a súa posición nas listaxes provisionais que serán publicadas o día 9 de decembro ás 10:00 h a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación Rúa da Canle nº 6 CP. 32004 OURENSE/ Teléfono 988 388 136
https://educacion.ourense.gal/


OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE
• A Concellería de Educación resérvase o dereito a anular as actividades naquel centro que non reúna un grupo mínimo de nenos e nenas.
• As faltas de asistencia sen xustificar supoñerá a perda da praza.
• O mal comportamento pode levar á expulsión do campamento (3 avisos previos).
• Se algunha familia renuncia á praza unha vez formalizada, deberá avisar os/as monitores/as.
• Se a documentación e a información achegada non fose certa, provocaría a perda da praza e do ingreso efectuado.
• Unha vez rematado o prazo de formalización de matrícula, se non foi presentada, entenderase que renuncia.

 

RESUMO DOS PRAZOS
1. Presentación de solicitudes e documentación: 26 de novembro de 2025 ás 10:00 h ao 3 de decembro de 2025 ás 23:59 h
2. Publicación das listaxes provisionais de admitidos/as: 9 de decembro de 2025 ás 10:00 h
3. Prazo de corrección de erros: 9 de decembro de 2025 ao 11 de decembro de 2025 ás 23:59 h
4. Publicación listaxe definitiva: 12 de decembro de 2025 ás 10:00 h
5. Formalización pago da matrícula: 12 de decembro de 2025 ao 17 de decembro de 2025 ás 23:59 h.
6. Lista de agarda: a partir do 18 de decembro de 2025, se quedan prazas dispoñibles.

DOCUMENTACIÓN OBLIGATORIA QUE SE PRESENTARÁ CON LA SOLICITUD:

1. Fotografía do/a neno/a.
2. Copia da tarxeta sanitario do menor ou menores participantes
3. Copia do DNI (se o tivese) ou libro de familia do menor ou menores participantes.
4. Documento que demostre que as figuras parentais están en situación laboral activa (vida laboral, certificado de empresa)
5. Certificado de familia monoparental (de ser o caso)
6. Informes de ANEAE (alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) ou alerxias (se fose necesario)

CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO(*) DE MAIOR A MENOR PUNTUACIÓN
*É requisito imprescindible que os nenos e nenas participantes estean empadroados/as no Concello de Ourense, xunto cun dos titores polo menos.
• Que todas as figuras parentais estean en activo.
• Que unha soa figura parental (se hai dúas) estea en activo.
• Orde de entrada en caso de empate.

 

LISTAXES PROVISIONAIS

1. AULAPONIA
2. ESPAZO MAKERS
3. UN NADAL DE AVENTURAS

 

LISTAXES DEFINITIVOS

1. AULAPONIA

2. ESPAZO MAKERS

3. UN NADAL DE AVENTURAS

 

IMPORTANTE: Formalización de matrícula pdf

Este formulario non está dispoñible para inscricións actualmente.

Volver ao inicio