Logo DIT

Escola Municipal de Idiomas: Preinscrición nos grupos de inglés (2026/27)

PROCESO DE PREINSCRICIÓN

Para optar a unha praza nos grupos de inglés (Escola Municipal de Idiomas de Ourense) as persoas interesadas deberán cubrir este formulario. O prazo de preinscrición é dende o 27 de abril ao 17 de maio, ambos incluídos.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

Deberá achegarse a seguinte documentación según corresponda en cada caso:

  • Copia do título de familia numerosa, se procede
  • Acreditación de discapacidade igual ou superior ao 33 %
  • Copia do DNI da persoa solicitante (ou do titor/a legal no caso de menores)
  • Copia do libro de familia completo (só en caso familiar no centro)
  • Copia da declaración da renda da unidade familiar do último exercicio

CRITERIOS DE SELECCIÓN Y ORGANIZACIÓN

A asignación de prazas realizarase tendo en conta os seguintes criterios e puntuacións:

  • Empadroamento no Concello de Ourense (5 puntos)
  • Renda da unidade familiar: 
    • Igual ou inferior ao dobre do salario mínimo interprofesional (2 puntos)
    • Superior ao doble do salario mínimo interprofesional e ata o cuádruplo (1 punto)
  • Condición de familia numerosa (1 punto)
  • Discapacidade igual ou superior ao 33 % (1 punto)
  • Existencia de membros da mesma unidade familiar (irmáns, pai ou nai) matriculados na escola (1 punto)

En caso de empate, éste resolverase por orden de presentación das solicitudes. A obtención dunha maior puntuación estabrecerá a orde de prioridade na adxudicación das prazas. 

REMATADO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN

PREINSCRICIONS FORA DE PRAZO 

Para preinscribirse fora de prazo é necesario enviar un email a emi@ourense.es indicando nome e grupo no que desexa participar.

As personas preinscritas fora de prazo so serán avisadas en caso de quedar prazas vacantes unha vez estea rematada a listaxe de espera.

TAXAS: – Matrícula: 19.80€ – Cota trimestral: 59.60€

*Farase un 50% de dto. da cota trimestral a partir do segundo membro da unidade familiar
matriculado

HORARIO

Escolares e estudantes de ESO

  • Grupo A, 1º de Educación Primaria: luns e venres de 16.00 a 16.50

  • Grupo B, 2º de Educación Primaria: martes e xoves de 16.00 a 16.50

  • Grupo C, 3º de Educación Primaria: luns de 17.00 a 17.50 e mércores de 16.00 a 16.50

  • Grupo D, 4º de Educación Primaria: mércores e venres de 17.00 a 17.50

  • Grupo E, 5º de Educación Primaria: luns e xoves de 18.00 a 18.50

  • Grupo F, 6º de Educación Primaria: mércores e venres de 18.00 a 18.50

  • Grupo G, 1º ESO: xoves 17.00 a 17.50 e venres de 19.00 a 19.50

  • Grupo H, 2º ESO: martes e mércores de 19:00 -19:50

  • Grupo I, 3º ESO: martes e mércores de 20:00 -20:50

  • Grupo J, 4ºESO: martes de 17:00 -18:50

Adultos

  • Pre intermedio (A2.2) : xoves de 19.00 a 20.50

  • Intermedio 1 (B1.1): luns de 19.00 a 20.50

  • Intermedio 2 (B1.2): mércores de 10.00 a 11.50

Este formulario non está dispoñible para inscricións actualmente.

Volver ao inicio