Logo DIT

Curso de introdución á lingua e á cultura galegas

Curso de introdución á lingua e á cultura galegas

Dirixido a persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida. Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.

Certificado expedido pola Secretaría Xeral de Lingua de xeito gratuíto.

Duración de cada curso: 20 horas

Modalidade: presencial

Número de persoas por curso: 10-20 persoas

 

Prazo de inscrición: ata o 23 de agosto

Criterios de admisión: por estrita orde de inscrición (as persoas admitidas recibirán un correo electrónico solicitándolles copia do DNI, INE ou PASAPORTE que acredite que non naceron en Galicia. Deberán enviar a copia ao seguinte correo electrónico: emi@ourense.es, ou entregalo de modo presencial nas oficinas da Conce­llería de Educación (Rúa da Canle, 6), en horario de 09:00 h a 14:00 h. Non é necesaria ningunha outra documentación.)

Comezo: 02 de setembro

Remate: 28 de setembro

Horario: Luns e mércores de 18.00 a 20.30 h

Lugar: instalacións da Escola Municipal de Música, Rúa da Canle, 4, (entrada por a Praza Biblioteca).

 

Obxectivos e/ou impacto esperado:

  • Introdución á lingua: familiarizarse coa fonética, o alfabeto e as regras básicas de pronunciación do galego.

  • Vocabulario esencial: aprender palabras e expresións cotiás (saúdos, presentacións, números, días da semana etc.).

  • Frases básicas: construír frases sinxelas para a comunicación en situacións comúns da vida cotiá.

  • Comprensión oral e escrita: desenvolver a capacidade de entender mensaxes básicas en textos e conversas sinxelas.

  • Interacción oral: practicar diálogos básicos.

  • Conciencia cultural: introducir aspectos culturais e lingüísticos que axuden a contextualizar o idioma.

A través desta formación, tamén se pretende:

  • Competencia comunicativa inicial: mellorar a capacidade para desenvolverse en interaccións sinxelas en galego.

  • Maior confianza: perder o medo a falar e a escribir en galego en contextos informais.

  • Sensibilización lingüística e cultural: fomentar a comprensión do valor e da presenza do galego en Galicia e noutras rexións.

  • Motivación para seguir aprendendo: incentivar o alumnado a profundar no estudo do idioma tras o curso.

Contidos:

  • Nocións básicas de lingua galega (vocabulario, expresión oral e escrita).

  • Cultura e historia de Galicia (festas, tradicións, gastronomía, música, historia...).

  • Recursos prácticos para a comunicación no día a día.

Formulario de inscrición

Cubra o seguinte formulario cos datos solicitados para realizar a inscrición

Curso de introdución á lingua e á cultura galegas 2026

É necesario aceptar a política de privacidade

Volver ao inicio