Logo DIT

Renovación de matrícula - Escola Municipal de Música (Curso 2026/27)

O prazo para a renovación de matrícula do alumnado actualmente matriculado no curso 2025/26 será do 8 ao 20 de abril.
A publicación das renovacións admitidas e excluídas realizarase a partir do 24 de abril.

IMPORTANTE
Este formulario é exclusivamente para o alumnado que xa está matriculado na Escola Municipal de Música” e desexa continuar no próximo curso 2026/27.
Este ano o sistema de renovación é “novo”, polo que:

  • Será necesario cubrir todos os datos como se fose a primeira vez.
  • Os datos non aparecerán automaticamente como en cursos anteriores.

PROCESO DE RENOVACIÓN
Cumprimenta todos os campos do formulario. En caso de alumnos menores sen documento de identidade deberá de cubrirse co utilizado no momento da matriculación.
Selecciona a especialidade correspondente no menú despregable.
Revisa especialmente que o correo electrónico estea correctamente escrito.

VERIFICACIÓN (MOI IMPORTANTE)
Para completar a renovación:

  • Recibirás un correo electrónico cun código de verificación.
  • Deberás copiar ese código e pegalo na mesma páxina:
    • Non peches a páxina de renovación ata finalizar todo o proceso
    • Podes consultar o correo sen pechar a páxina
    • Se se pecha a páxina antes de completar a verificación, será necesario iniciar o proceso de novo.

CONFIRMACIÓN
Unha vez finalizado o proceso correctamente recibirás un correo de confirmación co resumo da solicitude.

AXUDA
Se tes dificultades para realizar a renovación online, podes facelo na Escola co teu profesor/a ou en Conserxería.

Formulario de inscrición

Cubra o seguinte formulario cos datos solicitados para realizar a inscrición

É necesario aceptar a política de privacidade

Volver ao inicio