Centro cívicos adultos 2026/2027
Actividades e cursos centros cívicos adultos 2026/27
Destinatarios
Persoas empadroadas no Concello de Ourense que teñan 18 anos ou máis.
Actividades
Consulta no seguiente enlace as actividades:
Inscricións
A inscrición será online, cubrindo un formulario que se poderá atopar nesta mesma páxina web o día 5 de outubro.
Unha vez aceptadas as normas de inscrición recibirase un correo de confirmación, incluíndo a seguinte información: nº de rexistro, data e hora da mesma.
Prazo de inscrición
Do 5 de outubro ás 09:00 horas ao 11 de outubro ás 24:00 horas.
Normas de inscrición
-
Imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense e ter os 18 anos cumpridos no momento da publicación das normas de inscrición.
-
Só se poderá facer unha solicitude. No caso de que unha mesma persoa presente unha segunda solicitude, esta quedará eliminada tendo validez soamente a primeira.
-
Pódense solicitar un máximo de tres actividades por persoa e por orde de preferencia.
-
A confirmación da admisión será telefónica.
-
Rematado o prazo de inscrición, non se poderán cambiar os cursos elixidos.
Criterios e adxudicación de plazas
-
Orde de entrada (as prazas serán asignadas por rigurosa orde de inscrición).
-
Orde de preferencia do curso ou actividade.
As actividades que non rexistren o número mínimo de inscricións poderán ser suspendidas.
No caso de non lograr praza nalgunha das actividades solicitadas, o/a solicitante quedará nunha lista de espera e poderá ser chamado/a para incorporarse á actividade máis adiante.
As persoas en lista de espera das actividades con máis demanda terán a opción de cubrir as plazas libres en cursos similares, se houbera, en centros próximos.
Para participar nas actividades que impliquen exercicio físico será imprescindible cubrir unha declaración que acredite que a persoa poida realizar dita actividade. Unha vez concedidas as prazas nas actividades, as persoas admitidas nos cursos de exercicio físico poden retirar en calquera dos centros cívicos o modelo de declaración e deben presentalo debidamente cuberto o primeiro día das actividades. De non presentar dita declaración, perderase o dereito á praza na actividade.
Ao principio de cada curso informarase do número de faltas de asistencias permitidas en función da lista de espera.
A falta de asistencia continuada levará á baixa da actividade (máximo 3 días sen xustificar).
Se alguén precisa axuda coa súa inscrición, poderá ser atendido de forma presencial no Centro Cívico Colón (Rúa Colón 18, 2º), en horario de 9:00 a 13:00 horas.
Contacto
Para calquera dúbida ou para solicitar máis información, pode chamar ao teléfono 988393107.