Idiomas 2º Trimestre 2026
Obradoiros de idiomas 2026 - 2o Trimestre
A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense oferta obradoiros de diversas linguas, dirixidos aos cidadáns e cidadás de Ourense maiores de 16 anos:
-
Galego (preparación ao Celga 3)
-
Francés (iniciación II)
-
Francés (conversa)
-
Inglés (iniciación III)
-
Italiano (iniciación III)
PRAZOS
PARA INSCRIBIRSE FORA DE PRAZO ESCRIBIR A emi@ourense.es
-
Prazo de preinscrición: do 21 de febreiro ao 07 de marzo
-
Publicación da listaxe de admitidos e en espera: 14 de marzo
-
Corrección de erros: 16 e 17 de marzo
-
Prazo de matrícula: do 23 de marzo ao 07 de abril (as persoas admitidas recibirán un correo electrónico co número de conta no que deberán que facer un ingreso de 33€ para formalizar a matrícula, e enviar o xustificante de pago ao seguinte correo electrónico: emi@ourense.es, ou entregalo de modo presencial nas oficinas da Concellería de Educación (Rúa da Canle, 6), en horario de 09:00 h a 14:00 h. Non é necesaria ningunha outra documentación).
-
Solicitudes en lista de espera: seguindo a orde na lista de espera, enviaremos un correo electrónico comunicando a dispoñibilidade da praza. A persoa que reciba o email dispoñerá de 24 horas para aceptar a praza; en caso contrario, avisaremos ao seguinte candidato ou candidata.
-
Obradoiros de abril a xuño
LUGAR
As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, Rúa da Canle, 4, (entrada por a Praza Biblioteca).
TAXAS
Matrícula 33 €.
DURACIÓN
As clases consistirán en dúas sesións semanais de 90 minutos cada unha, acadando un total de 24 horas.
HORARIO
O horario no que se impartirán as clases será de tarde, excepto os grupos de galego que será de mañás:
-
Galego - preparación ao Celga 3 - (martes e xoves de 11.00 a 12.30)
-
Francés - iniciación II - (luns e mércores 17:30 a 19:00 )
-
Francés - conversa - (mércores 19:00 a 21:00. Unha única sesión semanal de 120 minutos (24 horas totais).
-
Inglés - iniciación III - (luns e mércores 19:30 a 21:00)
-
Italiano - iniciación III - (luns e mércores de 19:15 a 20:45)
NÚMERO DE PERSOAS POR GRUPO
Máximo 20 participantes (mínimo de 6).
NORMAS DE MATRICULACIÓN
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente na web, podendo escoller ata 2 cursos.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO
-
Estar empadroado no municipio de Ourense.
-
Orde de presentación das solicitudes.
LISTAXES PROVISIONÁIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EN ESPERA
Corrección de erros: 16 e 17 de marzo (enviando un correo a emi@ourense.es)