Concilia Verán 2025
O día 12 de maio de 2025, ás 9.00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Verán 2025 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.
As actividades lúdico-educativas están orientadas cara á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. Tamén haberá reforzo educativo.
- O horario será de luns a venres de 8.00 h a 14.30 h durante os meses de xullo e agosto, (e a maiores a última semana de xuño e a 1ª de setembro na Aula da Natureza), nos seguintes espazos:
- CEIP O COUTO na unidade de SÁS : nados/as entre 2013 e 2020. (5º EI a 6º EP cursados)
- *CEIP MANUEL LUIS ACUÑA: nados/as entre 2013 e 2020. (5º EI a 6º EP cursados)
- *CEIP VISTAHERMOSA: nados/a entre 2013 e 2021. (4º EI a 6º EP cursados)
- CEIP IRMÁNS VILLAR: nados/as entre 2013 e 2021. (4º EI a 6º EP cursados)
- CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO: nados/as entre 2013 e 2020. (5º EI a 6º EP cursados)
- CEIP COVADONGA na unidade de EIROÁS: nados/as entre 2013 e 2020. (5º EI a 6º EP cursados)
- *CEIP A PONTE: nados entre 2013 e 2021. (4º EI a 6º EP cursados)
- *CEIP AS MERCEDES: nados/as entre 2017 e 2021; de 4º EI a 2º EP (cursados).
- CEIP MESTRE VIDE: nados/as entre 2013 e 2020. (5º EI a 6º EP cursados)
- AULA DA NATUREZA DO RÍO MIÑO-OIRA: nados/as entre 2013 e 2018 / só Educación Primaria.
* Nestes centros suliñados (2, 3, 7 e 8) haberá atención para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
De 8h a 9.30h “acollida temperá” para as familias que o necesiten.(apertura de portas ás 8h, 8,30h e 9h).
O horario tope para entrada será ás 9.30h e o de saída de 14h ata 14.30h.
- E o horario será distinto nos seguintes espazos:
- ESPAZO MAKERS- Uvigo- : Horario de 9h a 14h. “Un verán na nube”. Nados/as de 2010 a 2013 (6º EP a 3º ESO).
Dirección: Edificio Politécnico-Facultade de Informática da Uvigo-Ourense (Campus Norte). Xullo
- NOVIDADE- CENTRO CÍVICO COLÓN: Campamento dixital- Cibervoluntarios. Horario: de 8h a 15h. Nados/as de 2013 ata 2016 (3º a 6º EP cursados) en xullo e agosto alternamos idades por semanas (1ª e 3ª semana nados de 2013 ata 2016 e 2ª e 4ª de 2012) .
Cada rapaz só se pode matricular nunha semana. COSTE: 0€.
Dirección: Rua Colón 18
De 8h a 9h “acollida temperá” para as familias que o necesiten. E de 14h a 15h saída.
- NOVIDADE- CONCILIA TEATRO: Horario de 10h a 13h. Nados/as de 2009 a 2012 (ESO). Datas: do 30/6 ao 18/6. Lugar: Escola Municipal de Música e Teatro.
Dirección: Rúa da Canle 4.
As datas dos campamentos Concilia son:
- Do 23 ao 30 de xuño (só na Aula da Natureza).
- Do 30 de xuño ata o 18 de xullo- Concilia Teatro.
- Do 1 ao 15 de xullo.
- Do 16 ao 31 de xullo.
- Do 1 ao 14 de agosto.
- Do 18 ao 29 de agosto.
- Do 1 ao 8 de setembro (só na Aula da Natureza).
- Centro Cívico Colón: campamentos semanais en xullo e agosto.
INSCRICIÓN
A inscrición será exclusivamente en liña a través da aplicación do Concello de Ourense. O prazo será do 12 de maio ás 9.00 h ao 26 de maio ás 23,59 h.
Este ano solicítase a documentación xunto coa inscrición. Documentación obrigatoria que se presentará no prazo estipulado:
- Fotografía do neno/a.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou menores participantes.
- Fotocopia do DNI ( se o tivera) ou libro de familia do menor ou menores participantes.
- Documento que demostre que as figuras parentais están en situación laboral activa (vida laboral, contrato...)
- Certificado de familia monoparental (se fose o caso).
- Informes de ANEAE (alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) ou alerxias (se fose necesario).
Criterios para a selección do alumnado de maior a menor puntuación:
*É requisito imprescindible que os nenos e nenas participantes estean empadroados/as no Concello de Ourense, xunto cun dos titores ao menos.
- Que todas as figuras parentais estean en activo.
- Que unha soa figura parental (se hai dúas) estea en activo.
- Orde de entrada en caso de empate.
Unha vez feita a inscrición, recibirá un código que deberá conservar para comprobar se aparece na listaxe provisional de admitidos/as, que se publicará o día 9 de xuño na aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Só poderán formalizar a matrícula se aparecen na listaxe definitiva de persoas admitidas (anularanse os ingresos bancarios feitos con anterioridade e perderase o dereito á praza).
Para formalizar terán que aportar o xustificante do pagamento. Deberá poñer no concepto o nome do centro do campamento e o nome e apelidos do/a neno/a matriculado/a.
O nº de conta para realizar o ingreso publicarase o 14/6/25.
Taxas:
- Taxa única de 10€ por matrícula do mes, quincena ou semana. Os irmáns a metade. (excepto Centro Cívico Colón que ten coste 0€)
O prazo de entrega do xustificante de pago será do 14 ao 21 de xuño.
Listaxe de agarda:
Xerarase unha listaxe de agarda co alumnado que non sexa admitido.
Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, a partir do 23 de xuño, porémonos en contacto telefónico ou correo electrónico coas persoas da lista de agarda para ofertarlles as prazas dispoñibles en calquera dos centros.
As persoas contactadas disporán de 24h para aceptar a praza; en caso contrario, avisaremos ao seguinte.
Outras informacións de interese:
- A Concellería de Educación resérvase o dereito a anular as actividades naquel centro que non reúna un grupo mínimo de nenos e nenas.
- As faltas de asistencia sen xustificar suporá a perda da praza.
- O mal comportamento pode levar á expulsión do campamento (3 avisos previos).
- Se algunha familia renuncia a praza unha vez formalizada, deberían avisar aos monitores/as.
- Se a documentación e a información achegada non fose certa, provocaría a perda da praza e do ingreso efectuado.
- Unha vez rematado o prazo de formalización de matrícula, se non foi presentada, entenderase que renuncia.
Resumo dos prazos:
- Inscrición e documentación requerida do 12 ao 26 de maio.
- Publicación dos listados provisionais de admitidos/as do 9 de xuño e listas de agarda.
- Corrección erros do 9/6 ao 13/6.
- Publicación dos listados definitivos de admitidos/as do 9 de xuño e listas de agarda.
- Formalización pago da matrícula do 14/6 ao 21/6.
- Lista de agarda: a partir do 23/6, se quedan prazas dispoñibles.