Concilia Semana Santa 2026
CONCILIA SEMANA SANTA 2026
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS (Documento PDF)
LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS (Documento PDF)
O día 17 de marzo de 2026, ás 10:00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Semana Santa 2026 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.
Estas actividades están pensadas para facilitar a conciliación familiar durante a Semana Santa. Teñen como finalidade fomentar a socialización, promover actitudes solidarias e de convivencia, incentivar o traballo cooperativo e o respecto polo medio ambiente, informática, educación artística, psicomotricidade...
Levarase a cabo na Aula da Natureza de Oira, no Anexo da Escola Municipal de Música e en zonas arredor da cidade.
O horario será de 09:00 h a 14:00 h durante os días non lectivos: 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril do 2026.
Esta Semana Santa temos como novidade, a Concilia Arredor, por días nas zonas da periferia da cidade, que cubrirá as seguintes:
-
30/03/2026 - Castro de Beiro (no local da Asociación de veciños Santa Olaia de Beiro) para a rapazada de Castro de Beiro, Beiro, Palmés, Abeleda, Vilar de Astrés e zonas próximas.
-
31/03/2026 - Seixalbo (no local da Asociación de veciños) para a rapazada de Seixalbo, Rairo e zonas próximas.
-
01/04/2026 - Santa Mariña (no local da Asociación de veciños Parroquia de Monte) para a rapazada de Santa Mariña, Curuxeiras, Zaín e zonas próximas.
-
06/04/2026 - Santa Cruz (no local da Asociación de veciños San Vitorio de Arrabaldo) para a rapazada de Untes, Santa Cruz e zonas próximas.
Por ser só un día, esta actividade será gratuíta e o horario do Concilia Arredor será de 09:00 h a 14:00 h.
ESPAZOS
- NOVIDADE: Concilia Arredor, zonas periféricas/rurais da cidade: nados/as entre 2014 e 2020 ( 6º EI ata 6º EP) - gratuíta.
📍 Asociación de veciños Santa Olaia de Beiro
Estrada Castro Cabeanca, 31, 32981
https://maps.app.goo.gl/8hVzeokur2W6dXjq6
📍 Asociación de veciños Parroquia de Monte
Rúa "A" Santa Mariña, 37, 32971 Santa Mariña do Monte, Ourense
https://maps.app.goo.gl/sopCRWZnLz4y2Kf8A
📍Asociación de veciños Seixalbo
Rúa Abelardo Arce Mayora, 24, 32970 Ourense
https://maps.app.goo.gl/EB9eVFsM3NTtZP7b9
📍 Asociación de Veciños San Vitorio de Arrabaldo
Rúa do Tocó do Raposo, 8, 32990 Ourense
https://maps.app.goo.gl/uvnzMTHTtkk6ei6F8
- Aula da Natureza do Río Miño – Oira: nados/as entre 2014 e 2019 (só Educación Primaria)
📍 Oira, 32001 Ourense
https://maps.app.goo.gl/EvWPVRyYuNwK2shJ8
- ANEXO DA EMMO: nados/as entre 2020 e 2022 (só Educación Infantil)
📍Rúa da Canle, 4, 32005 Ourense
https://maps.app.goo.gl/EpFHMYPRRk3ii3ZB7
HORARIO:
O horario será de 09:00 h a 14:00 h durante as datas sinaladas.
INSCRICIÓN
A inscrición será exclusivamente en liña a través da web (https://actividades.ourense.gal/) ou da aplicación do Concello de Ourense.
O prazo será do 17 de marzo ás 10:00 h ao 24 de marzo de 2026 ás 08:30 h.
Debe anexarse a documentación xunto coa inscrición para calquer tipo de Concilia.
Unha vez feita a inscrición, obterá un código que deberá conservar para comprobar a súa posición nas listaxes provisionais que serán publicadas o día 25 de marzo ás 10:00 h a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación. O prazo de corrección de erros será o día 25 de marzo ata ás 23:59 h a través do correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal ou presencial na Oficina da Concellería de Educación ata ás 15 h.
O día 26 de marzo ás 10:00 h publicaranse as listaxes definitivas a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación (Rúa da Canle, 6)
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Aula de Oira e o Anexo.
Só poderán formalizar a matrícula se aparecen na listaxe definitiva de persoas admitidas (non terán validez os ingresos bancarios feitos con anterioridade)
Para formalizar terán que achegar o xustificante do pagamento:
-
Por correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal
-
Ou presencialmente na oficina da Concellería de Educación (Rúa da Canle, 6)
Deberá poñer no concepto: o código, o nome do concilia adxudicado e o nome e apelidos do/a neno/a matriculado/a.
O nº de conta para realizar o ingreso publicarase o 26 de marzo xunto ás listaxes definitivas.
Taxas:
-
Taxa única de 10€ por matrícula. Os irmáns a metade (5€)
O prazo de entrega do xustificante de pago será do 26 e 27 de marzo de 2026 ata as 14 h.
Concilia Arredor:
Gratuíto
Deberáse achegar correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal para confirmar a participación.
LISTAXE DE AGARDA:
Xerarase unha listaxe de agarda co alumnado que non sexa admitido.
Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, a partir do 27 de marzo, porémonos en contacto telefónico ou correo electrónico coas persoas da lista de agarda para ofertarlles as prazas dispoñibles en calquera dos concilia.
Deberáse achegar correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal para confirmar a participación.
LISTAXE DE AGARDA:
Xerarase unha listaxe de agarda co alumnado que non sexa admitido.
Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, a partir do 27 de marzo, porémonos en contacto telefónico ou correo electrónico coas persoas da lista de agarda para ofertarlles as prazas dispoñibles en calquera dos concilia.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA QUE SE PRESENTARÁ COA SOLICITUDE:
-
Fotografía do/a neno/a.
-
Copia da tarxeta sanitaria do menor ou menores participantes.
-
Copia do DNI (se o tivese) ou libro de familia do/a menor ou menores participantes.
-
Documento que demostre que as figuras parentais están en situación laboral activa (vida laboral, certificado de empresa).
-
Certificado de familia monoparental (de ser o caso).
-
Informes de ANEAE (alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) ou alerxias (se fose necesario).
CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO(*) DE MAIOR A MENOR PUNTUACIÓN:
*É requisito imprescindible que os nenos e nenas participantes estean empadroados/as no Concello de Ourense, xunto cun dos titores polo menos.
-
Que todas as figuras parentais estean en activo.
-
Que unha soa figura parental (se hai dúas) estea en activo.
-
Orde de entrada en caso de empate.
Unha vez feita a inscrición, obterá un código que deberá conservar para comprobar a súa posición nas listaxes provisionais que serán publicadas o día 25 de marzo ás 10:00 h a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación.
OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE:
-
A Concellería de Educación resérvase o dereito a anular as actividades naquel centro que non reúna un grupo mínimo de nenos e nenas.
-
As faltas de asistencia sen xustificar suporán a perda da praza.
-
O mal comportamento pode levar á expulsión do campamento.
-
Se algunha familia renuncia á praza unha vez formalizada, deberá avisar os/as monitores/as.
-
Se a documentación e a información achegada non fose certa, provocaría a perda da praza e do ingreso efectuado.
-
Unha vez rematado o prazo de formalización de matrícula, se non foi presentada, entenderase que renuncia.
DATAS E PRAZOS
- 17 (ás 10 h) ao 24 de marzo 2026 (ás 08.30 h): INSCRICIÓN EN LIÑA E PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
- 25 marzo ás 10:00 h: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
- 25 marzo: CORRECCIÓN DE ERROS
- 26 marzo ás 10:00 h LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS
- 26 e 27 marzo (ata ás 14 h): FORMALIZACIÓN MATRÍCULA -pago (para Aula e Anexo)
- 27 marzo: COMUNICACIÓN TELEFÓNICA COAS PERSOAS DA LISTAXE DE AGARDA EN CASO DE VACANTES