Idiomas 4º Trimestre 2025
Obradoiros de idiomas 2025 - 4o Trimestre -
Todas as persoas inscritas están admitidas
A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense oferta obradoiros de diversas linguas, dirixidos aos cidadáns e cidadás de Ourense maiores de 16 anos:
-
Galego (preparación ao Celga 3)
-
Francés (principiantes)
-
Inglés (principiantes)
-
Italiano (principiantes)
PRAZOS
-
Prazo de preinscrición: do 8 ao 24 de setembro
-
Publicación da listaxe de admitidos e en espera: 25 de setembro
-
Corrección de erros: 26 de setembro
-
Prazo de matrícula: do 27 ao 30 de setembro (as persoas admitidas recibirán un correo electrónico co número de conta no que deberán que facer un ingreso de 33€ para formalizar a matrícula, e enviar o xustificante de pago ao seguinte correo electrónico: emi@ourense.es, ou entregalo de modo presencial nas oficinas da Concellería de Educación (Rúa da Canle, 6), en horario de 09:00 h a 14:00 h. Non é necesaria ningunha outra documentación.)
-
Solicitudes en lista de espera: seguindo a orde na lista de espera, enviaremos un correo electrónico comunicando a dispoñibilidade da praza. A persoa que reciba o email dispoñerá de 24 horas para aceptar a praza; en caso contrario, avisaremos ao seguinte candidato ou candidata.
-
Cursos: de outubro a novembro
LUGAR
As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, Rúa da Canle, 4, (entrada por a Praza Biblioteca).
TAXAS
Matrícula 33 €.
DURACIÓN
As clases consistirán en dúas sesións semanais de 90 minutos cada unha, acadando un total de 24 horas.
HORARIO
O horario no que se impartirán as clases será de tarde, entre as 18:00 e as 21:00, agás os grupos de galego que serán de mañá:
-
Galego (preparación ao Celga 3): martes e xoves de 11.00 a 12.30 h
-
Iniciación ao francés: martes e xoves 18:30 a 20:00
-
Iniciación ao inglés: luns e mércores 19:30 a 21:00
-
Iniciación ao italiano: luns e mércores 19:15 a 20:45
NÚMERO DE PERSOAS POR GRUPO
Máximo 20 participantes (mínimo de 6).
NORMAS DE MATRICULACIÓN
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente na web, podendo escoller ata 2 cursos.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO
-
Estar empadroado no municipio de Ourense.
-
Orde de presentación das solicitudes.
| Nome | Horario | Lugar | Imparte | Horas | Inicio | Fin |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Francés | Martes e xoves de 18:30h a 20:00h | Instalacións da Escola Municipal de Música | - | 24 | 02-10-2025 | 27-11-2025 |
| Galego (Preparación Celga 3) | Martes e xoves 11.00-12.30 | Instalacións da Escola Municipal de Música | - | 24 | 02-10-2025 | 27-11-2025 |
| Inglés | Luns e mércores de 19:30h a 21:00h | Instalacións da Escola Municipal de Música | - | 24 | 06-10-2025 | 26-11-2025 |
| Italiano | Luns e mércores de 19:15 a 20:45 | Instalacións da Escola Municipal de Música | - | 24 | 06-10-2025 | 26-11-2025 |
