Logo DIT

Un balcón ao universo. Eclipse solar 12/08/2026

Un balcón ao universo. Eclipse solar 12-08-2026

O próximo 12 de agosto ás 19:30 levarase a cabo no Parque Botánico de Ourense (Montealegre) unha actividade en colaboración coa Asociación Astronómica de Ourense para observar a eclipse solar.

O Concello porá á disposición dos participantes lentes homologadas para a observación da eclipse, xunto co material achegado pola Asociación Astronómica, que asistirá e facilitará a observación telescópica así como a realización de fotografías para os asistentes.

Condicións de inscrición e restricións de idade:

  • Idade mínima: A actividade está dirixida a persoas maiores de 6 anos.

  • Acompañamento de menores: Os menores de idade (de 6 a 17 anos) terán que ir acompañados obrigatoriamente dun adulto responsable en todo momento.

  • Rexistro de menores: A inscrición dos menores realizarase sempre a nome do seu pai, nai ou titor legal.

  • Límite por formulario: Para garantir que o aforo se complete de maneira equitativa, cada adulto poderá inscribir un máximo de 3 menores ao seu cargo.

  • As inscripcións realizaránse de xeito individual por persoas maires de 18 anos.

Queda baixo a total responsabilidade dos titores que os menores utilicen correctamente as lentes homologadas.

Durante a eclipse é importante:

  • Utilizar sempre protección ocular adecuada durante as fases parciais.

  • Vixiar a menores e persoas que necesiten apoio.

  • Evitar camiñar mirando ao ceo.

  • Seguir as indicacións da organización e dos servizos de seguridade.

  • Respectar as normas de seguridade.

  • Seguir as recomendacións das autoridades.

  • Coidar a contorna natural.

Ubicación:

Formulario de inscrición

Cubra o seguinte formulario cos datos solicitados para realizar a inscrición

Menores ao meu cargo que asistirán (entre 6-17 anos ambos incluidos, máximo 3)

É necesario aceptar a política de privacidade

Volver ao inicio