Logo DIT

Idiomas 1º Trimestre 2026

Obradoiros de idiomas 2026 - 1o Trimestre

A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense oferta obradoiros de diversas linguas, dirixidos aos cidadáns e cidadás de Ourense maiores de 16 anos:

  • Galego (iniciación)

  • Galego (preparación ao Celga 3)

  • Francés (iniciación I)

  • Francés (conversa)

  • Inglés (iniciación II)

  • Italiano (iniciación II)  

PRAZOS

  • Prazo de preinscrición: do 24 de novembro ao 15 de decembro

  • Publicación da listaxe de admitidos e en espera: 16 de decembro

  • Corrección de erros: 16 e 17 de decembro

  • Prazo de matrícula: do 18 de decembro ó 30 de decembro (as persoas admitidas recibirán un correo electrónico co número de conta no que deberán que facer un ingreso de 33€ para formalizar a matrícula, e enviar o xustificante de pago ao seguinte correo electrónico: emi@ourense.es, ou entregalo de modo presencial nas oficinas da Conce­llería de Educación (Rúa da Canle, 6), en horario de 09:00 h a 14:00 h. Non é necesaria ningunha outra documentación).

  • Solicitudes en lista de espera: seguindo a orde na lista de espera, enviaremos un correo electrónico comunicando a dispoñibilidade da praza. A persoa que reciba o email  dispoñerá de 24 horas para aceptar a praza; en caso contrario, avisaremos ao seguinte candidato ou candidata.

  • Cursos: Obradoiros de iniciación  12 de xaneiro ó 13 de marzo, obradoiros de conversa en francés do 12 de xaneiro ó 17 de abril

LUGAR

As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, Rúa da Canle, 4, (entrada por a Praza Biblioteca).

TAXAS

Matrícula 33 €.

DURACIÓN

As clases consistirán en dúas sesións semanais de 90 minutos cada unha, acadando un total de 24 horas.

HORARIO

O horario no que se impartirán as clases será de tarde, excepto os grupos de galego que será de mañás:

  • Galego - iniciación - (Luns e mércores de 11.00 a 12.30)

  • Galego - preparación ao Celga 3 - (martes e xoves de 11.00 a 12.30)

  • Francés - iniciación I - (luns e mércores 17:30 a 19:00 )

  • Francés - conversa - (mércores 19:00 a 20:30. Unha única sesión semanal de 90 minutos (24 horas totais). Remata o 17 de abril).

  • Inglés - iniciación II - (luns e mércores 19:30 a 21:00)

  • Italiano - iniciación II - (luns e mércores de 19:15 a 20:45)

NÚMERO DE PERSOAS POR GRUPO

Máximo 20 participantes (mínimo de 6).

NORMAS DE MATRICULACIÓN

As persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente na web,  podendo escoller ata 2 cursos.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO

  • Estar empadroado no municipio de Ourense.

  • Orde de presentación das solicitudes.

LISTAXES DE ADMITIDOS E ESPERA

Galego - iniciación
Galego - preparación ao Celga 3
Francés - iniciación I
Inglés - iniciación II
Italiano - iniciación II

Francés - Conversa

Corrección de erros: 16 e 17 de decembro (enviando un correo a emi@ourense.es)

Este formulario non está dispoñible para inscricións actualmente.

Volver ao inicio