Logo DIT

Concilia Verano 2026

CONCILIA VERÁN 2026

O día 8 de maio de 2026, ás 10:00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Verán 2026 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.

Actividades de informática, educación artística, psicomotricidade, reforzo educativo en matemáticas e linguas,..., e moitas máis, están pensadas para facilitar a conciliación familiar durante o período non lectivo do verán. Teñen como finalidade fomentar a socialización, promover actitudes solidarias e de convivencia, incentivar o traballo cooperativo e o respecto polo medio ambiente.

 

16 ESPAZOS PARA CONCILIAR

O horario será de luns a venres de 8.00 h a 14.30 h durante os meses de xullo e agosto, (e a maiores a última semana de xuño e a 1ª de setembro na Aula da Natureza e Anexo EMMO), nos seguintes espazos:

1. CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO: nados/as entre 2014 e 2021. (5º EI a 6º EP cursados). 📍 Rua Serra San Mamede, 8, 32005 Ourense

2. *CEIP PRÁCTICAS: nados entre 2014 e 2022. (4º EI a 6º EP cursados). 📍Rúa Vicente Risco, 9, 32001 Ourense

3. *CEIP AS MERCEDES: nados/as entre 2018 e 2022; de 4º EI a 2º EP (cursados). 📍Praza As Mercedes, s/n, 32005 Ourense

4. CEIP O COUTO na unidade de SAS : nados/as entre 2014 e 2021. (5º EI a 6º EP cursados). 📍Rúa Rampa de Sas, s/n, 32002 Ourense

5. CEIP COVADONGA na unidade de EIROÁS: nados/as entre 2014 e 2021. (5º EI a 6º EP cursados). Rúa Os Chaos, 1, 32001 Ourense

6. CEIP IRMÁNS VILLAR: nados/as entre 2014 e 2022. (4º EI a 6º EP cursados). 📍Rúa Pena Trevinca, 41, 32005 Ourense

7. *CEIP MANUEL LUIS ACUÑA: nados/as entre 2014 e 2021. (5º EI a 6º EP cursados). 📍32002 Orense, Ourense

8. CEIP MESTRE VIDE: nados/as entre 2014 e 2021. (5º EI a 6º EP cursados). 📍Rúa Mestre Vide, 4, 32004 Ourense

9. *CEIP VISTAHERMOSA: nados/a entre 2014 e 2022. (4º EI a 6º EP cursados). 📍Rúa Vista Hermosa Vella, s/n, 32002 Ourense

10. AULA DA NATUREZA DO RÍO MIÑO-OIRA: nados/as entre 2014 e 2019 / só Educación Primaria. 📍 Oira, 32001 Ourense .

11. ANEXO DA EMMO: Datas: 22 ao 30 de xuño e do 1 ao 7 de setembro (non xullo, nin agosto). Nados/as entre 2018 e 2022 (só Educación Infantil e 1º e 2º EP) 📍Rúa da Canle, 4, 32005 Ourense

* Nestes centros suliñados (2, 3, 7 e 9) haberá atención para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

De 8 h a 9.30 h “acollida temperá” para as familias que o necesiten. (apertura de portas ás 8h, 8,30h e 9h).

O horario tope para entrada será ás 9.30 h e o de saída de 14 h ata 14.30 h.

O horario será distinto nos seguintes espazos:

12. ESPAZO MAKERS- Uvigo- : Horario de 9 h a 14 h. “Un verán na nube”. Nados/as de 2011 a 2014 (6º EP a 3º ESO). Só se poderá escoller unha das quincenas de xullo. 📍 Edificio Politécnico-Facultade de Informática da Uvigo-Ourense (Campus Norte).

13. CENTRO CÍVICO COLÓN: Campamento dixital. Horario: de 9 h a 14 h. Xullo e agosto. Nados/as 2014 ata 2019. 📍 Rúa Colón 18

14. CONCILIA TEATRO: Horario de 10h a 13h. Nados/as de 2010 a 2013 (ESO). Datas: do 29/6 ao 17/7. Lugar: Escola Municipal de Música e Teatro. 📍Rúa da Canle 4

NOVIDADE: CONCILIA ARREDOR, nas zonas da periferia da cidade, que cubrirá as seguintes:

15. Seixalbo (no local da Asociación de veciños San Breixo) para a rapazada de Seixalbo e zonas próximas. Mes de xullo e do 1 ao 7 de setembro 2026. Horario de 9 h a 14 h. Nenos/as nados/as entre 2014 e 2022 ( 4º EI a 6º EP). 📍Asociación de veciños Seixalbo. Rúa Abelardo Arce Mayora, 24, 32970 Ourense

16. Beiro (no local da Asociación Cultural de veciños Santa Olaia de Beiro) para a rapazada de Beiro e zonas próximas. Mes de xullo. Horario de 9 h a 14 h. Nenos/as nados/as entre 2014 e 2022 ( 4º EI a 6º EP). 📍Asociación Asociación Cultural de veciños Santa Olaia de Beiro. Lugar Beiro-Igrexia, 32981, Beiro

 

INSCRICIÓN

A inscrición será exclusivamente en liña a través da web (https://actividades.ourense.gal/) do 8 de maio ás 10 h ao 26 de maio de 2026 ás 08:30 h

Debe anexarse a documentación xunto coa inscrición para calquera tipo de Concilia.

Só se pode solicitar unha praza por neno/a (se se atopa duplicidade pode quedar excluído das listaxes)

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA QUE SE PRESENTARÁ COA SOLICITUDE:

  1. Fotografía do/a neno/a.
  2. Copia da tarxeta sanitaria do menor.
  3. Copia do DNI do menor (se o tivese) ou libro de familia. 
  4. Documento que demostre que as figuras parentais están en situación laboral activa (vida laboral, certificado de empresa actualizados no último mes).
  5. Certificado de familia monoparental (de ser o caso).
  6. Informes de ANEAE (alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) ou alerxias (se fose necesario).

Antes de finalizar a inscrición a plataforma pedirá insertar o código de verificación do seu correo electrónico.
Unha vez feita a inscrición, recibirá un resumo da súa solicitude xunto co código de alumno/a que deberá conservar para comprobar a súa posición nas listaxes provisionais que serán publicadas o día 4 de xuño ás 10 h a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación. O prazo de corrección de erros será do día 4 ao 8 de xuño ata ás 23:59 h a través do correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal ou presencial na Oficina da Concellería de Educación ata ás 15 h.

O día 10 de xuño ás 10 h publicaranse as listaxes definitivas a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación. 📍Rúa da Canle, 6

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Só poderán formalizar a matrícula se aparecen na listaxe definitiva de persoas admitidas (non terán validez os ingresos bancarios feitos con anterioridade)

Deberan achegar o xustificante do pagamento:

Indicando no concepto: o código, o nome do concilia adxudicado e o nome e apelidos do/a neno/a matriculado/a.

O nº de conta para realizar o ingreso publicarase o 10 de xuño xunto ás listaxes definitivas.

Taxas:

  • Taxa única de 10€ por matrícula e 5€ cada irmán

O prazo de entrega do xustificante de pago será do 10 ao 16 de xuño de 2026 ata as 14h.

 

LISTAXE DE AGARDA

Xerarase unha listaxe de agarda co alumnado que non sexa admitido.

Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, a partir do 17 de xuño, contactaremos por teléfono ou correo electrónico coas familias de agarda para ofertarlles as prazas dispoñibles en calquera dos concilia.

 

CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO(*) DE MAIOR A MENOR PUNTUACIÓN:

*É requisito imprescindible que os nenos e nenas participantes estean empadroados/as no Concello de Ourense, xunto cun dos titores polo menos.

  • Que todas as figuras parentais estean en activo.
  • Que unha soa figura parental (se hai dúas) estea en activo.
  • Orde de entrada da solicitude en caso de empate.

Unha vez feita a inscrición, obterá un código que deberá conservar para comprobar a súa posición nas listaxes provisionais que serán publicadas o día 4 de xuño ás 10:00 h a través da web ou da aplicación do Concello de Ourense e no taboleiro da Concellería de Educación.

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • A Concellería de Educación resérvase o dereito a anular as actividades naquel centro que non reúna un grupo mínimo de nenos e nenas.
  • As faltas de asistencia sen xustificar suporán a perda da praza.
  • O mal comportamento pode levar á expulsión do campamento.
  • Se algunha familia renuncia á praza unha vez formalizada, deberá avisar os/as monitores/as.
  • Se a documentación e a información achegada pola familia, non fose certa, provocaría a perda da praza e do ingreso efectuado.
  • Unha vez rematado o prazo de formalización de matrícula, se non foi presentada, entenderase que renuncia.

 

DATAS E PRAZOS

  • 8 (ás 10h) ao 26 de maio 2026 (ás 08:30h): Inscrición en liña e presentación da documentación.
  • 4 de xuño ás 10:00h: Listaxe provisional de admitidos.
  • 4 ao 8 de xuño: Corrección de erros.
  • 10 de xuño ás 10:00h: Listaxe definitiva de admitidos.
  • 10 ao 16 de xuño (ata ás 14h): Formalización matrícula-pago.
  • 17 ao 19 de xuño: Comunicación telefónica coas persoas da listaxe de agarda en caso de vacantes.

 

Formulario de inscripción

Cubra el seguinte formulario con los datos solicitados para realizar la inscripción

Hijo/a

Es necesario aceptar la política de privacidad

Volver al inicio